2/23/2016



Sorpresón no Carrasqueira
O venres pasado foi un día especial nas nosas clases.
Sobre as doce da mañán tivemos un aviso por megafonía que nos anunciaba unha sorpresa....
Ahí están as fotos con todo o que había:





 Unha carta moi enigmática e un gran paquete....


Estivemos varios minutos nunha gran asamblea tentando adivinar de quen era e que quería.
A ´´unica conclusión é que viña de UNICEF,porque coñecíamos esa ONG por Titina.
Expresamos o que nos parecía que dicían os xeroglíficos:

-         Ven dos nenos aos que lle dimos os rotuladores.
-         Ten o símbolo da ong, dos nenos e para axudar.
-         Artai :”QUERO UNHA GUIA DE VIGO DO CONSELLO ESCOLAR DE NENOS”
-         Carla dí:”E DO CONCELLO DE VIGO PORQUE ESE SÍMBOLO LEVAO MEU PAI NA CAMISA.”
-         Sara di:QUERO UNHA GUÍA DE VIGO PARA OS NENOS DA GUARDERÍA DO CONCELLO.

Seguimos dicindo comentarios parecidos.



Non nos puxemos dacordo, por iso levamos deberes para a casa.